[ Automatización e intelixencia de datos ]

Optimiza procesos e libera o teu tempo con Python

Se alguén do teu equipo pasa horas cada semana copiando datos entre follas de cálculo, preparando o mesmo informe ou revisando webs a man, iso pódese automatizar. Escribimos scripts en Python que fan ese traballo sós, sen erros e á hora que ti decidas.

Automatiza o operativo. Libera o estratéxico.

Automatizar non elimina traballo: cámbiao de sitio. O esforzo repetitivo pasa a un script e o teu equipo recupera tempo para o que precisa criterio.

O teu equipo perde tempo con...

  • ...copiar e pegar datos entre follas de cálculo, programas ou correos?
  • ...procesar a man moitos ficheiros (PDF, CSV, XML)?
  • ...recoller información de webs para estudar o mercado ou a competencia?
  • ...preparar informes que poderían xerarse sós?

A nosa solución con Python libera o teu equipo

Desenvolvemos scripts á medida que asumen esas tarefas. Funcionan a calquera hora, seguen sempre as mesmas regras e deixan rexistro do que fan, para que o teu equipo se dedique ao que de verdade importa.

Desde a extracción de datos da web (web scraping) ata a integración entre sistemas e o procesamento de ficheiros, o investimento recupérase en horas de traballo aforradas e na redución de erros humanos.

[ Exemplos ]

Que se pode automatizar

Se unha tarefa segue regras claras e se repite, probablemente se pode automatizar. Algúns exemplos habituais:

Informes

Datos de varias fontes que se consolidan, se formatan e chegan por correo á dirección cada mañá.

Ficheiros

Facturas, albarás ou listaxes en PDF, Excel ou CSV que se len, se revisan e pasan ao teu sistema.

Datos da web

Prezos, catálogos ou anuncios públicos que se recollen de forma periódica para analizalos.

Integracións

Programas que non se falan entre si e que pasan a intercambiar datos por API, sen intervención manual.

[ Que inclúe ]

Da recollida de datos á execución autónoma

O que pode formar parte dun proxecto de automatización, de principio a fin.

  • Scripts de automatización á medida
  • Robots de extracción de datos da web (web scraping)
  • Procesamento automático de ficheiros (PDF, Excel, CSV)
  • Integración entre sistemas e programas mediante APIs
  • Paneis e informes automáticos
  • Programación de tarefas e rutinas (cron jobs)
  • Backends e microservizos (Django ou Flask)
  • Documentación clara do código e soporte técnico

A automatización non é un custo. É un investimento en eficiencia.

O custo real está nas horas perdidas, nos erros manuais e en todo o que o teu equipo deixa de facer por estar atrapado en tarefas operativas.

Retorno medible

Calculamos contigo o retorno a partir das horas que o teu equipo deixará de dedicar á tarefa. É un dos retornos máis doados de medir.

Decisións máis rápidas

Cos datos recollidos e ordenados de forma automática, decides antes e con información máis fiable ca quen segue facéndoo a man.

Equipo dedicado ao importante

As persoas deixan as tarefas repetitivas e céntranse na estratexia, na atención ao cliente e no crecemento do negocio.

Listo para automatizar a túa operativa?

Cada proceso ten as súas particularidades. Cóntanos cal che quita máis tempo e vemos xuntos se compensa automatizalo.

[ Tecnoloxía ]

Ferramentas para proxectos Python

Bibliotecas e frameworks estables e ben documentados, para que a automatización sexa fiable e outra persoa a poida manter.

Linguaxe & frameworks web

PythonDjangoFlask

Análise de datos & IA

PandasNumPyScikit-learn

DevOps & infraestrutura

DockerGitAWSGoogle Cloud

[ Proceso ]

O noso proceso de automatización: precisión e fiabilidade

Unha automatización útil é máis que un script. Seguimos cinco pasos para que funcione con datos reais e siga funcionando.

[01]

Mapeo e diagnóstico

Percorremos contigo o proceso manual de principio a fin para atopar os pescozos de botella, as regras de negocio e o que se pode mellorar.

  • Análise do proceso actual
  • Identificación dos puntos de fallo
  • Definición de como mediremos o éxito
[02]

Deseño da solución

Co diagnóstico feito, deseñamos o fluxo da automatización e escollemos as ferramentas axeitadas.

  • Modelado do fluxo de datos
  • Elección de bibliotecas e APIs
  • Regras de negocio que seguirá o script
[03]

Desenvolvemento do script

Escribimos o código en Python, eficiente e documentado, preparado para os casos que se saen do normal.

  • Programación do script
  • Rexistro (logs) de cada execución
  • Tratamento de erros e excepcións
[04]

Validación e probas

Probamos a automatización con datos reais nun contorno seguro e comparamos os seus resultados cos do proceso manual.

  • Probas con datos reais
  • Validación da precisión dos resultados
  • Axuste do rendemento
[05]

Posta en marcha e seguimento

Poñemos o script a traballar en produción e comprobamos que funciona só e de forma estable.

  • Programación da execución (cron job)
  • Instalación no teu servidor ou na nube
  • Monitorización e mantemento

[ Caso real ]

A nosa experiencia en acción

Como aplicamos este método a un problema real: menos horas de traballo manual e datos máis fiables.

Automatización de informes para unha consultora financeira

O reto

O equipo do cliente dedicaba máis de 10 horas á semana a recoller datos de varias follas de cálculo e fontes en liña para montar un único informe para a dirección. Un proceso manual e propenso a erros.

A solución con Python

Desenvolvemos un script que se conecta ás fontes de datos, extrae a información, consolídaa, dálle formato e envía o informe rematado por correo aos responsables, todos os días ás 8 h.

Resultados

  • 15 horas de traballo manual menos por semana.
  • Ningún erro de "copiar e pegar".
  • Informe no correo da dirección cada mañá, sen atrasos.

[ Preguntas frecuentes ]

Dúbidas habituais sobre automatización con Python

É seguro darvos acceso aos meus sistemas?

A seguridade é o primeiro. Non pedimos contrasinais de usuarios: traballamos con claves de API, tokens ou credenciais de servizo, que permiten que os programas se comuniquen sen expoñer datos sensibles e que podes revogar cando queiras.

Onde se executa a automatización?

Onde mellor encaixe: no teu servidor, nun servizo na nube ou nun equipo da túa oficina. Decidímolo xuntos no deseño da solución, segundo os teus datos e a túa infraestrutura.

Que pasa se algo falla?

Cada execución deixa un rexistro (log). Se un paso falla, o script anótao e podemos configuralo para que avise por correo, de xeito que o problema se vexa o mesmo día e non a final de mes.

E se a web da que saco datos cambia o seu deseño?

É habitual no web scraping. Construímos os scripts por módulos para que o axuste sexa rápido, e os nosos plans de soporte inclúen a actualización dos scripts cando cambian as fontes de datos.

Como podo medir o retorno do investimento?

É dos máis doados de medir. Calculamos xuntos as horas de traballo manual que se aforran por semana ou por mes. Ese aforro, máis a redución de erros, adoita amortizar o proxecto en poucos meses.

O meu proceso é moi específico. Pódese automatizar?

Si. De feito, son os casos que máis compensan: canto máis propio e repetitivo é o proceso, máis valor achega un script á medida, porque non existe unha ferramenta estándar que faga exactamente iso. A fase de diagnóstico serve xusto para mapealo.

[ Falemos ]

Deseñamos a automatización que precisas?

Cóntanos que tarefa se repite, cada canto e canto tempo leva. Con iso dicímosche se compensa automatizala e por onde comezariamos.