[ Deseño UI/UX estratéxico ]

Interfaces que se entenden e converten

Deseñamos a estrutura, os percorridos e as pantallas da túa web ou da túa aplicación antes de programalas, para que os teus clientes atopen o que buscan, saiban que facer despois e confíen na túa marca desde a primeira ollada.

Un bo deseño non é o que se ve, é como fai sentir (e actuar) o usuario

Moitas empresas perden clientes non polo seu produto, senón por unha experiencia dixital confusa. O noso traballo é que o deseño che axude a vender.

A túa web ou a túa aplicación sofre de...

  • ...visitantes que marchan aos poucos segundos?
  • ...poucas vendas, rexistros ou contactos para as visitas que recibe?
  • ...clientes que din que non atopan o que buscan?
  • ...un aspecto anticuado que non reflicte a calidade real da túa marca?

A nosa solución é un deseño centrado no usuario

Co traballo de UX (experiencia de usuario) mapeamos o percorrido do teu cliente e creamos unha navegación clara. Quitamos os obstáculos que fan que abandone.

Coa UI (interface) convertemos esa estrutura nun deseño profesional que xera confianza e leva o usuario, sen forzalo, cara ás accións que importan ao teu negocio.

[ Para quen ]

Para quen é este servizo

Para cando precisas pensar a web antes de construíla.

Webs que se van refacer

Antes de investir en desenvolvemento, defines que páxinas fan falta, que di cada unha e como se chega ao contacto ou á compra.

Aplicacións e paneis

Sistemas de xestión, áreas de clientes ou plataformas SaaS onde a claridade de cada pantalla aforra erros e chamadas de soporte.

Equipos co seu propio desenvolvedor

Se xa tes quen programe, entregámosche un deseño completo en Figma para que o constrúa sen dúbidas.

[ Que inclúe ]

Do borrador ao prototipo interactivo

O que pode incluír un proxecto de deseño. Axustamos o alcance ao teu caso: non todos precisan personas e mapas de percorrido.

  • Sesións de briefing e investigación de usuarios (UX)
  • Personas e mapas do percorrido do usuario
  • Arquitectura da información e wireframes
  • Deseño da interface (UI) en alta fidelidade, en Figma
  • Prototipos interactivos e clicables
  • Sistema de deseño (guía de estilo e compoñentes)
  • Deseño adaptado a móbil, tableta e escritorio
  • Entrega de ficheiros e recursos para o equipo de desenvolvemento

Así se ven algúns prototipos: tres deseños para aloxamento turístico que podes abrir e percorrer. Son demos, con contido ficticio.

Portada da demo Casa Atlántica
DemoAloxamento

Casa Atlántica

Ficha dun ático turístico: o espazo, para quen é, equipamento, a anfitrioa e o barrio.

Portada da demo Atlántico Stays
DemoXestora

Atlántico Stays

Xestora de vivendas turísticas: servizos, método de traballo, vivendas xestionadas, plans e preguntas frecuentes.

Portada da demo Colección Costa Atlántica
DemoAloxamento

Colección Costa Atlántica

Colección de pisos turísticos con buscador, apartamentos destacados con prezo por noite e solicitude de reserva.

Un deseño profesional non é un gasto. É un investimento con retorno.

O deseño é o primeiro contacto co teu cliente. Unha interface confusa pode tombar un bo produto antes da primeira conversa.

Xera confianza desde o primeiro momento

A túa web é o teu escaparate. Un deseño coidado di que a túa empresa é seria e atenta aos detalles, e o visitante confía antes de ler unha liña.

Leva o usuario cara á conversión

O bo deseño UX non vai de beleza, vai de claridade. Creamos camiños sinxelos ata a acción que importa: unha compra, unha solicitude ou unha chamada.

Diferencia a túa marca

Mentres outros usan modelos parecidos, un deseño propio fai que a túa marca se recoñeza e se lembre.

[ Proceso ]

O noso proceso de deseño: da investigación á entrega

Un proceso colaborativo, cunha revisión túa ao final de cada fase, para que cada decisión de deseño teña un motivo.

[01]

Inmersión e investigación (UX)

  • Briefing e obxectivos
  • Análise da competencia e do mercado
  • Personas e mapas do percorrido
[02]

Arquitectura e wireframes

  • Arquitectura da información
  • Wireframes de baixa fidelidade
  • Validación dos percorridos de navegación
[03]

Deseño de interface (UI)

  • Guía de estilo (cores, tipografías)
  • Pantallas en alta fidelidade en Figma
  • Sistema de deseño base
[04]

Prototipo e probas

  • Prototipo interactivo e clicable
  • Probas de usabilidade con usuarios
  • Axustes do deseño segundo o aprendido

Dámoslle forma á túa idea?

Cóntanos que queres que os teus usuarios fagan na túa web e propoñémosche como deseñalo para que o fagan.

[ Preguntas frecuentes ]

Dúbidas habituais sobre deseño UI/UX

Que entregades ao final? Só imaxes?

Non. Entregamos un proxecto completo e ordenado en Figma, con todas as pantallas en alta fidelidade, unha guía de estilo (cores, tipografías, espazados) e un prototipo interactivo. É un paquete listo para que o equipo de desenvolvemento comece a traballar sen dúbidas.

Como funcionan as revisións?

Presentamos cada fase (wireframes, deseño visual) nunha reunión. Podes comentar directamente sobre os deseños en Figma, e non pasamos á fase seguinte ata que a anterior está aprobada.

O meu negocio é pequeno. Compensa un deseño profesional?

Si, e quizais máis que nunha empresa grande: nun negocio pequeno, a primeira impresión pesa aínda máis. Un deseño coidado xera confianza e pode decidir se un cliente te escolle a ti ou á competencia.

Este servizo inclúe o desenvolvemento da web?

Non. Este servizo cobre a parte estratéxica e visual: a investigación de experiencia de usuario (UX) e o deseño da interface (UI). O desenvolvemento é un servizo á parte, aínda que tamén podemos facer os dous, e entón quen deseña e quen programa traballan xuntos desde o principio.

Podedes desenvolver a partir dun deseño que xa teño?

Si. Se xa tes o deseño en Figma, revisámolo e convertémolo na túa web en WordPress ou nunha aplicación con Laravel. As axencias que deseñan para os seus clientes teñen ademais as nosas solucións para axencias.

[ Falemos ]

Creamos un deseño que poña o teu cliente en primeiro lugar?

Unha boa experiencia de usuario converte visitas en clientes. Cóntanos o teu proxecto e comezamos por entender a quen vai dirixido.