A túa empresa...
- ...publica no blog e nas redes, pero non nota o efecto nas vendas?
- ...non sabe sobre que escribir para atraer o cliente axeitado?
- ...ve como a competencia é a que aparece cando se fala do teu sector?
[ Contido estratéxico ]
Planificamos e escribimos contidos conectados cos teus servizos, co teu público e co que a xente busca en Google: artigos, textos da túa web e materiais que atraen o cliente axeitado e lle axudan a decidirse por ti.
Escribir moito non serve de nada se ninguén o busca ou se non leva a ningures.
Non comezamos escribindo. Primeiro estudamos o teu público, as buscas que fai e as preguntas que che repiten os teus clientes. Con iso montamos un plan de contidos ligado aos teus obxectivos: conseguir contactos, explicar o que vendes ou reforzar a túa marca.
[ Para quen ]
Para empresas que saben moito do seu e non teñen tempo de contalo ben.
Precisas os textos de inicio, servizos e empresa escritos para que se entendan, convenzan e aparezan en Google.
Tes blog, pero publícase a rachas e sen un plan. Ordenámolo e dámoslle unha cadencia que se poida manter.
Escribimos en galego, español e portugués sen tradutor polo medio, e adaptamos o texto a quen o le en cada lingua.
[ Que inclúe ]
Podes contratar o plan completo ou só as pezas que precisas.
Temas e palabras clave aliñados co proceso de compra do teu cliente, para atraer visitas con intención real.
Textos optimizados para SEO que resolven dúbidas reais do teu público e te sitúan como referencia no teu sector.
Materiais en profundidade (e-books, guías, documentos técnicos) para captar contactos e acompañalos ata a compra.
Páxinas de inicio, de servizos, de empresa e de venda escritas para que o visitante entenda que ofreces e dea o seguinte paso.
Guións para vídeos de empresa, de produto ou para redes sociais, cunha mensaxe clara e un peche que invita a actuar.
Planificamos e xestionamos un calendario de publicación constante, para que a túa marca non desapareza durante meses.
A diferenza dun anuncio, un bo artigo segue traballando para a túa empresa durante anos, atraendo clientes desde Google e xerando confianza.
O contido de calidade é unha das formas máis rendibles de atraer clientes desde Google a longo prazo, sen pagar por cada clic.
Cando explicas ben o teu sector, a túa marca convértese na referencia, e vender custa menos porque o cliente xa confía en ti.
Cada peza responde a unha dúbida do cliente nun momento distinto, desde que descobre a túa empresa ata que decide comprar.
[ Proceso ]
Da análise á publicación, coa túa aprobación antes de que nada saia á luz.
Falamos contigo sobre os teus clientes e os teus servizos, e analizamos as buscas e a competencia.
Propoñémosche os temas, o formato e o calendario, co obxectivo de cada peza.
Escribimos cada texto e revísalo ti. Nada se publica sen o teu visto e prace.
Publicamos co SEO coidado e medimos que pezas atraen visitas e contactos para axustar o plan.
[ Preguntas frecuentes ]
Escribímolos nós, a partir do que nos contas e da documentación da túa empresa. Ti achegas o coñecemento do sector; nós, a estrutura, o SEO e a redacción.
Podemos usala como apoio para borradores ou investigación, pero ningún texto se publica sen revisión humana. O que asina a túa marca ten que soar á túa marca e dicir cousas certas.
En galego, español e portugués, sen tradutor polo medio, e tamén en inglés. Cada versión adáptase a quen a le, en lugar de traducirse palabra por palabra.
Como prefiras. Podemos entregarche os textos listos para publicar ou encargarnos da publicación na túa web, con imaxes, ligazóns internas e os datos SEO completos.
O contido é un investimento a medio prazo: igual ca o SEO, adoita precisar varios meses para dar resultados claros en Google. Por iso medimos cada peza e axustamos o plan sobre a marcha.
[ Falemos ]
Cóntanos a quen queres chegar e que che preguntan sempre os teus clientes. Con iso propoñémosche un primeiro plan de contidos.