[ Desenvolvemento web desde Galicia ]

Desenvolvemos solucións web e automatizacións á medida

Somos un estudio de desenvolvemento web en Ponte Caldelas (Pontevedra). Construímos webs, plataformas, plugins e automatizacións con WordPress, PHP/Laravel e Python, para empresas que precisan algo que funcione e para axencias que precisan quen o programe.

Francisco Baqueiro, fundador
Francisco BaqueiroFundador · Desenvolvemento e estratexia

[ Tecnoloxía ]

A ferramenta segue ao problema

A nosa base diaria é WordPress, PHP/Laravel e Python. O resto da lista usámolo cando o proxecto o pide: escollemos a tecnoloxía despois de entender que hai que resolver, non antes.

Backend & frameworks

PHPLaravelPythonDjango

Frontend

JavaScriptVue.jsReactBootstrapTailwind CSS

CMS & e-commerce

WordPressJoomlaWooCommerceShopifyMagento

Bases de datos

MySQLPostgreSQL

Infraestrutura & nube

DockerGitAWSGoogle Cloud

Intelixencia artificial (IA)

OpenAI APIGoogle AITensorFlowScikit-learn

[ Manifesto ]

Programar é máis que código.
É construír solucións.
É crear valor.

A tecnoloxía é unha ferramenta para crecer, non un fin en si mesma. Por iso non entregamos liñas de código sen máis: entramos no teu negocio, entendemos o problema e só despois escollemos a ferramenta.

Preferimos a solución que dura á que impresiona na demo. Código limpo e documentado, que outra persoa pode manter, e prazos que se cumpren porque se estimaron con honestidade.

[ Servizos ]

As nosas especialidades

Seis servizos principais e seis complementarios. Se non sabes cal encaixa, cóntanos o problema e dicímosche por onde comezar.

PHP & Laravel

Aplicacións, APIs e paneis de xestión para cando WordPress se queda curto: regras de negocio propias, usuarios con permisos e integracións co teu ERP ou o teu CRM.

Python & automatización

Scripts que fan o traballo repetitivo por ti: informes que se xeran sós, datos que pasan dun sistema a outro e ficheiros que se procesan sen copiar e pegar.

WordPress & plugins

Temas e plugins escritos para a túa web, non montados con vinte plugins de catálogo. Ti xestionas o contido; nós coidamos o código, a velocidade e a seguridade.

Deseño web (UI/UX)

Estrutura, percorridos e pantallas en Figma antes de programar, para que o teu cliente atope o que busca e saiba que facer a continuación.

Solucións de e-commerce

Tendas WooCommerce con catálogo, pagamentos, envíos e integracións adaptados a como vendes ti, e un panel que o teu equipo pode usar sen chamarnos.

Mantemento & soporte evolutivo

Actualizacións probadas antes de chegar a produción, copias de seguridade e pequenas melloras. A túa web non queda soa despois do lanzamento.

Servizos complementarios

[ Como traballamos ]

Máis que un provedor, un socio técnico

Non entregamos unha web e desaparecemos. Estes son os catro compromisos que aplicamos en cada proxecto.

Desenvolvemento á medida

Primeiro entendemos o problema; despois escollemos a ferramenta. Sen modelos comprados nin vinte plugins para facer o que fai un só.

Tecnoloxía e rendemento

Código lixeiro que carga rápido. Esta web carga 2 scripts e 8 follas de estilo; a anterior, feita cun construtor visual, cargaba 24 scripts e 146 follas de estilo.

Colaboración e transparencia

Ves cada avance nun contorno de probas antes de que chegue á túa web. Se algo se vai atrasar, dicímoscho antes da data, non despois.

Foco nos resultados

Antes de comezar acordamos que imos medir: tempo de carga, contactos recibidos ou horas aforradas. Ao rematar, comprobámolo contigo.

[ Proceso ]

Sabes onde estamos e que vén despois

Desde a primeira conversa ata o mantemento. Cada fase remata con algo que podes ver e aprobar.

[01]

Inmersión e estratexia

Falamos do teu negocio, dos teus procesos e do que ten que cambiar. Saes cun alcance por escrito: que se fai, que non, prazos e orzamento.

[02]

Deseño e prototipado

Definimos a estrutura e deseñamos as pantallas (UI/UX), cun prototipo cando fai falta. Revísalo e apróbalo antes de escribir código.

[03]

Desenvolvemento áxil

Construímos por partes, en ciclos curtos. Cada parte próbala nun contorno de probas e dásnos a túa opinión antes de pasar á seguinte.

[04]

Lanzamento e evolución

Publicamos, comprobamos que todo funciona en produción e ensinámosche a xestionar a web. Despois, se queres, seguimos cun plan de mantemento.

[ O estudio ]

Un estudio pequeno, con nome e apelidos

Máis de 18 anos de web, do deseño no Brasil ao desenvolvemento á medida en Galicia. Isto é o que atopas ao outro lado.

18+Anos de experiencia en web
4Linguas: galego, español, portugués e inglés
2Mercados: España e o Brasil

Experiencia desde 2006

Comezamos co deseño gráfico e web e chegamos ao desenvolvemento á medida. Vimos que aguanta o paso dos anos e que hai que refacer aos dous.

Falas con quen programa

Francisco Baqueiro dirixe cada proxecto e é o teu interlocutor desde a primeira chamada. Sen comerciais nin intermediarios entre a túa idea e o código.

Seguimos despois do lanzamento

A relación continúa con mantemento e melloras acordadas, co mesmo interlocutor que construíu a túa web e coñece o seu código.

Conformidade desde o briefing

Formación xurídica na casa. O RGPD, VeriFactu ou o rexistro de viaxeiros entran no proxecto desde o principio, non como un parche ao final.

[ Proxectos complexos ]

E para proxectos complexos

Cando o proxecto vai alén dunha web, tamén deseñamos a arquitectura e coordinamos o desenvolvemento, para empresas e para outras axencias.

APIs e integracións de sistemas

Conectamos a túa web, a túa tenda, o teu ERP ou o teu CRM para que os datos pasen duns a outros sen que ninguén os volva teclear: pedidos, stock, clientes ou facturas.

Consultoría e arquitectura

Antes de investir, axudámoste a decidir: que tecnoloxía usar, que construír á medida e que non, e como crecer sen refacelo todo dentro de dous anos.

Xestión de proxectos áxiles

Coa certificación de Google en Xestión de Proxectos, traballamos con Scrum ou Kanban: prioridades claras, entregas parciais e riscos avisados a tempo.

[ Portafolio ]

Traballos recentes

Webs publicadas para clientes e un produto propio. Cada tarxeta abre a web real, para que a vexas funcionando.

Portada de Marian Iturre
Desenvolvemento persoalCastelán

Marian Iturre (ábrese nunha lapela nova)

Web para unha coach ontolóxica: quen é, programas e mentorías, bitácoras, testemuños, blog e reserva dunha primeira sesión gratuíta.

Portada de Hospedus
SoftwareTurismo

Hospedus (ábrese nunha lapela nova)

Programa de xestión para aloxamentos turísticos: reservas directas sen comisión, mantemento do inmoble e obrigas legais (parte de viaxeiros, facturación e protección de datos) nun só panel.

[ Clientes ]

O que din os nosos clientes

Dous clientes do Brasil, coas súas propias palabras.

Portada da web de Marília Araújo, nutricionista
A web de Marília Araújo, nutricionista no Brasil: deseño e desenvolvemento da Baqueiro.

"Traballar coa Baqueiro foi unha experiencia incrible. Entenderon perfectamente a nosa visión e transformárona en realidade cun deseño atractivo e funcional para o noso sitio web. O equipo foi moi servizal durante todo o proceso e respondeu rapidamente a todas as nosas dúbidas. Estamos moi satisfeitos cos resultados!"

Marília Araújo · Nutricionista

"Francisco conseguiu entender perfectamente o que queriamos no noso sistema, e o CRM que desenvolveron con Laravel para a nosa empresa era exactamente o que necesitabamos. O equipo foi moi servizal e respondeu rapidamente a todas as nosas preguntas. Estamos moi satisfeitos e recomendámolos para calquera proxecto dixital."

Renato Munhoz · Axente inmobiliario

[ Preguntas frecuentes ]

Antes de comezar

O que máis nos preguntan na primeira conversa.

Con que tipo de empresas traballades?

Con pequenas e medianas empresas (comercios, clínicas, inmobiliarias, aloxamentos turísticos e industria local, sobre todo en Galicia) e con axencias de márketing e deseño de España e o Brasil que precisan un equipo técnico sen ter que contratalo.

Canto tarda un proxecto?

Depende do alcance. Unha web WordPress adoita levar de 4 a 8 semanas e unha aplicación á medida con Laravel, de 3 a 6 meses ou máis. Unha web one-page dos nosos paquetes WordPress pode estar lista en 7 días hábiles. O calendario exacto vai por escrito no orzamento.

Canto custa?

Despois da primeira conversa mandámosche un orzamento por escrito, co que inclúe e o que non. O pagamento faise por fases, ligado ás entregas, para que nunca pagues por algo que non viches.

Traballades fóra de Galicia?

Si. Traballamos en remoto con clientes de toda España e tamén no Brasil, en galego, español, portugués e inglés. Se estás preto de Pontevedra, tamén podemos vernos en persoa.

O código será meu?

Si. Ao rematar o proxecto e completar os pagamentos recibes todo o código fonte e a propiedade intelectual do desenvolvido. Queremos clientes que fiquen porque queren, non porque non poden marchar.

[ Axencias ]

Tes unha axencia de deseño ou márketing?

Sé o noso socio de desenvolvemento: ti deseñas e falas co cliente; nós programamos coa túa marca, baixo NDA e con prazos claros.

[ Falemos ]

Listo para transformar a túa idea en realidade?

Cóntanos que precisas resolver. A primeira conversa é sen compromiso e respondémosche en 24 horas laborables.

✓ Certificación Google en Xestión de Proxectos