Equipos de márketing e comunicación
Persoas que publican novas, cambian textos e lanzan campañas na web da empresa.
[ Formación e autonomía dixital ]
Unha ferramenta só dá resultados se o teu equipo sabe usala. Damos formación práctica en WordPress, WooCommerce, SEO e ferramentas dixitais, sobre a túa propia web e adaptada ás tarefas que o teu equipo fai cada día.
[ Para quen ]
Para equipos que queren deixar de depender dun desenvolvedor para cada cambio.
Persoas que publican novas, cambian textos e lanzan campañas na web da empresa.
Acabas de estrear web ou tenda e queres que o teu equipo a manexe con soltura desde o primeiro día.
Equipos de axencia que xestionan o contido das webs dos seus clientes e queren facelo sen agardar polo desenvolvedor.
Obradoiros prácticos para entidades e programas que acompañan emprendedores nos seus primeiros pasos en internet.
[ Temario ]
Montamos o temario co que o teu equipo precisa, a partir destes bloques.
[ Formato ]
Prácticas, coa túa web diante e sen teoría que non vaias usar.
Sesións en directo por videochamada para equipos en remoto, ou na túa empresa.
O ideal son grupos de 3 a 5 persoas, para que todos practiquen. Adaptámonos a equipos máis grandes.
Practicamos coa túa web ou cunha copia de probas, para que o aprendido sirva ao día seguinte.
Despois da formación, 30 días para resolver as dúbidas que xorden coa práctica diaria.
[ Proceso ]
Falamos contigo sobre quen vai participar, que tarefas fai e onde se atasca hoxe.
Propoñémosche o temario, a duración e o formato. Nada de cursos xenéricos.
Cada persoa fai as tarefas na web mentres a acompañamos, en lugar de mirar como as facemos nós.
Durante 30 días resolvemos as dúbidas que aparezan ao aplicalo no traballo real.
Unha axencia de márketing asociada dependía dos desenvolvedores para calquera cambio de contido nas webs dos seus clientes, e iso xeraba atrasos.
Fixemos unha formación de 4 horas centrada no panel de administración á medida que construiramos para eles, para que o equipo xestionase todo o contido pola súa conta.
[ Preguntas frecuentes ]
As dúas opcións. Podemos facer sesións en directo por videochamada para equipos en remoto ou sesións presenciais na túa empresa.
O ideal son grupos de 3 a 5 persoas, para que todos poidan practicar, pero adaptámonos a equipos máis grandes.
Depende do temario e do punto de partida do equipo. Como referencia, a formación do caso desta páxina durou 4 horas. Propoñémosche a duración xunto co temario.
Non. Comezamos desde o nivel de quen participa e explicamos cada termo a primeira vez que aparece, con exemplos do seu traballo diario.
Non. Formamos sobre calquera web WordPress ou WooCommerce. Se a fixemos nós, a formación inclúe ademais o panel á medida que construímos para ti.
Incluímos 30 días de soporte para resolver as dúbidas puntuais que xorden coa práctica diaria.
[ Falemos ]
Cóntanos quen vai participar e que quere aprender a facer. Propoñémosche un temario e unha data.