[ Compromiso socioambiental ]

Tecnoloxía con propósito,
código con conciencia

Cremos que o desenvolvemento de software pode e debe ter un impacto positivo. Isto é o que facemos, en concreto, polo planeta, polas persoas que usan as webs que construímos e pola nosa comunidade.

[ Medio ambiente ]

O noso compromiso ambiental

Unha web tamén consome enerxía: no servidor que a serve e no móbil que a descarga. Menos peso é menos consumo.

Código eficiente, planeta máis san

Desenvolvemos software optimizado que precisa menos procesamento, e polo tanto menos enerxía nos servidores. Esta web, por exemplo, carga 2 scripts e 8 follas de estilo na portada, fronte aos 24 scripts e 146 follas de estilo da anterior.

Equipos e enerxía con cabeza

No noso día a día priorizamos equipos de baixo consumo e aproveitamos ao máximo os recursos que xa temos.

Xestión de residuos

Separamos os residuos e reducimos o que xeramos no noso espazo de traballo, buscando sempre a forma máis sustentable de operar.

[ Comunidade ]

Construíndo un futuro mellor, unha web ao mes

Cremos en usar o que sabemos facer para o ben común. Por iso, cada mes construímos de balde unha web completa para unha ONG, un proxecto social ou unha causa que estea a marcar a diferenza no Brasil, en Galicia ou en Portugal. As causas escóllense nunha votación aberta á comunidade.

[ Persoas ]

Webs para todas as persoas

Unha web responsable tamén respecta a quen a usa.

Accesibilidade

Deseñamos con contraste suficiente, títulos ordenados, formularios ben etiquetados e navegación por teclado. Esta web revísase con probas de contraste e de accesibilidade segundo o nivel AA das pautas WCAG.

Privacidade

Pedimos só os datos que fan falta e tratámolos segundo o RGPD. As ferramentas de medición e publicidade só se activan cando a persoa dá o seu consentimento.

Webs lixeiras

Unha web que pesa pouco carga rápido tamén con mala cobertura e en móbiles antigos, que é como moitas persoas acceden a internet.

[ Territorio ]

Comprometidos coa nosa terra e coa nosa lingua

O galego, tamén en internet

A nosa web está en galego, e escribimos en galego as webs dos nosos clientes que o queren, seguindo a norma da Real Academia Galega.

Formación para quen comeza

Compartimos o que sabemos con obradoiros prácticos para emprendedores e pequenos negocios que dan os seus primeiros pasos en internet.

[ Falemos ]

Coñeces unha causa que precisa unha web?

Propónnola para o Proxecto Impacto Dixital, ou cóntanos o teu proxecto se queres unha web feita con estes mesmos criterios.