Desenvolvemento propio. Desde Galicia.

[ Para axencias ]

Plugins para os proxectos dos teus clientes

Se desenvolves webs para clientes, así encaixan as nosas licenzas na túa forma de traballar, e isto é o que podemos facer contigo cando fai falta algo a medida.

[ Licenzas ]

Pensadas para varias webs

O que necesitas cando un mesmo plugin remata nas webs de varios clientes.

Plans de axencia

Un mesmo plugin en varias webs cunha soa licenza. A ficha de cada plugin indica cantos sitios cobre o seu plan de axencia.

Todo nunha conta

As claves, as descargas e os dominios de todas as túas licenzas están en As miñas licenzas. Se un cliente cambia de dominio, cámbialo ti.

Mantidos por quen os programa

As actualizacións chegan ao escritorio de WordPress de cada web e o que cambia en cada versión publícase na ficha do plugin.

[ Packs ]

Varios plugins para un mesmo traballo

Se nos teus proxectos usas varios plugins xuntos, un pack reúneos nunha soa compra. Cóntanos cales usas e vémolo contigo.

  • Unha compra e unha licenza para cada plugin.
  • O mesmo plan (un sitio ou axencia) para todos os plugins do pack.
  • Unha soa renovación: ao renovar o pack, todos seguen recibindo actualizacións.

Necesitas algo que non está no catálogo?

O estudio desenvolve a medida para axencias: en marca branca, con acordo de confidencialidade e comunicación directa con quen programa.

[ Preguntas frecuentes ]

Antes de mercar para os teus clientes

Podo usar os plugins nas webs dos meus clientes?

Si, dentro do número de sitios do plan que escollas. Revisa na ficha cantos sitios inclúe cada plan e escolle o de axencia se o vas usar en varias webs.

Que pasa se un cliente deixa de traballar comigo?

Podes cambiar o dominio da licenza en As miñas licenzas, ou desactivala nesa web e usala noutra.

Podo pedir unha adaptación dun plugin?

Si. Cóntanos o caso e valoramos o desenvolvemento.

Onde vexo como funcionan as licenzas?

En Licenzas: plans, modalidades de pagamento, renovación e caducidade.

[ Traballemos xuntos ]

Falamos dos teus proxectos?

Cóntanos que tes entre mans e que plugins usas. Respóndeche a persoa que os desenvolve.