Desenvolvemento propio. Desde Galicia.

[ Licenzas ]

Como funcionan as licenzas

Unha licenza por plugin, co número de sitios e a modalidade que escollas. Isto é o que inclúe e o que pasa ao renovala ou cando caduca.

[ Plans ]

Segundo cantas webs necesites

Cada plugin mostra na súa ficha os plans que ofrece, o seu prezo e cantos sitios cobre cada un.

Un sitio

Para a túa web ou a dun cliente. A licenza actívase nun dominio.

Axencia

Para varias webs coa mesma licenza. A ficha indica cantos sitios inclúe o plan de axencia dese plugin.

Pack

Varios plugins nunha soa compra, cunha licenza para cada un e o mesmo plan para todos.

[ Modalidades ]

Como se paga e cando caduca

Non todos os plugins ofrecen todas as modalidades: a ficha mostra as dispoñibles e o seu prezo.

ModalidadeComo se pagaDuración
MensualSubscrición que se cobra cada mesActiva mentres a subscrición siga en vigor
AnualSubscrición que se cobra cada anoActiva mentres a subscrición siga en vigor
Pagamento únicoUn só pagamentoNon caduca

[ Que inclúe ]

Coa licenza activa

A clave actívase na páxina de licenza do plugin, no teu WordPress, e queda ligada a ese dominio.

  • As actualizacións do plugin, desde o escritorio de WordPress.
  • A descarga da última versión en As miñas licenzas.
  • As novidades de cada versión, publicadas na ficha do plugin.
  • A activación en tantos sitios como inclúa o teu plan.
  • Contacto directo co estudio para calquera dúbida sobre o plugin.

[ Renovar e caducar ]

O que pasa co tempo

Todo se xestiona desde As miñas licenzas.

Ao renovar cambia a clave?

Non. Renovar prolonga a mesma licenza coa mesma clave, así que non hai que tocar nada nas túas webs.

Que pasa se non renovo?

Tes tres días de graza. Despois, a licenza caduca: o plugin deixa de recibir actualizacións e pídeche renovala para seguir usando todas as súas funcións.

Podo cancelar a subscrición?

Si, en As miñas licenzas. A licenza segue activa ata o final do período pagado e despois caduca.

Podo pasar a licenza a outra web?

Si. Cambia o dominio en As miñas licenzas, ou desactívaa na web antiga e actívaa na nova.

Un plugin dun pack renóvase por separado?

Non. Renóvase co pack: ao renovar o pack, todos os seus plugins seguen recibindo actualizacións.

Hai plugins gratuítos?

Si. Velos co filtro De balde do catálogo; para usalos non tes que mercar unha licenza.

[ Escolle con calma ]

Dúbidas co plan?

Cóntanos cantas webs tes e que necesitas resolver, e dicímosche que plan encaixa.