# Xerador de ligazóns WhatsApp

Source: https://baqueiro.es/gl/xerador-de-ligazons-whatsapp/
Published: 2026-10-12T10:54:47+00:00
Updated: 2026-10-12T10:54:47+00:00
Author: Baqueiro Desarrollo Web
Language: gl-ES
Usage: Atribución requirida: permítese a cita cunha ligazón visible de volta

---

[ Ferramenta gratuíta ]

# Xera a túa ligazón de WhatsApp.

Crea unha ligazón que abre unha conversa de WhatsApp co teu número e, se queres, cunha mensaxe xa escrita. De balde, sen rexistro e sen enviar os teus datos a ningún servidor: a ligazón xérase no teu propio navegador.

## A túa ligazón, lista para compartir.

Ligazón xerada

A ligazón xérase no teu navegador. Non gardamos o número nin a mensaxe.

[ Usos ]

## Onde usar a túa ligazón de WhatsApp

Unha ligazón de WhatsApp aforra pasos: o teu cliente toca e xa che está a escribir, sen gardar o teu número na axenda.

### Na túa web

Nun botón de contacto, na ficha dun produto ou ao final de cada servizo.

### Na túa ficha de Google

No teu Perfil de Empresa en Google, para que quen te atopa no mapa che escriba ao momento.

### En redes sociais

Na biografía de Instagram, nunha publicación ou nun anuncio.

### En correos e documentos

Na sinatura do teu correo, nun orzamento en PDF ou nun boletín.

[ Como se usa ]

## Tres pasos, menos dun minuto

   [01]

### Escribe o teu número

Escolle o país e escribe o teu número sen o prefixo, só con números.

  [02]

### Engade unha mensaxe

Opcional: o texto co que comezará a conversa, por exemplo “Ola, quero pedir unha cita”.

  [03]

### Copia e comparte

Copia a ligazón xerada e pégaa onde queiras. Próbaa antes desde o teu móbil.

[ Preguntas frecuentes ]

## Dúbidas sobre as ligazóns de WhatsApp

    É de balde?

Si. A ferramenta é gratuíta e non precisas rexistrarte.

   Gardades o meu número ou a miña mensaxe?

Non. A ligazón xérase no teu navegador e non se envía a ningún servidor, nin ao noso.

   Funciona con WhatsApp Business?

Si. A ligazón abre unha conversa co número que indiques, sexa unha conta normal ou de WhatsApp Business.

   A ligazón caduca?

Non. Funciona mentres o número teña unha conta de WhatsApp activa. Se cambias de número, xera unha ligazón nova.

   Podo pór un botón de WhatsApp na miña web?

Si, con esta mesma ligazón. Se queres que estea ben integrado na túa web e na túa ficha de Google, mira o noso servizo de [presenza dixital local](https://baqueiro.es/gl/servizos/presenza-dixital-local/).

[ Falemos ]

## O teu próximo proxecto comeza cunha conversa.

Precisas algo máis ca unha ligazón? Cóntanos que queres resolver: unha web, unha tenda ou unha automatización. Respondémosche en 24 horas laborables.

 [Cóntanos o teu proxecto](https://baqueiro.es/gl/contacto/)
